RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Datos da campaña de renovación e captación de socios

- Foto: LFP -   A 1 de outubro de 2014 o Real Club Deportivo conta con 23.745 abonados, superando os 23.535 da tempada 2012-2013 nesta mesma data e categoría, e os 19.996 do primeiro de outubro de fai un añou en Segunda Divisi&o

Estes son algúns dos datos que arroxa, a día de hoxe, a campaña de renovación e captación de abonados que comezou o 7 de xullo e que deixa outra serie de apuntamentos interesantes. Unha campaña que continúa aberta co obxectivo de superar os 24.000 socios antes de finalizar o ano e situarse o máis preto posible dos 25.000 ao peche da Tempada.
 
Unha das novidades desta campaña foi a posibilidade de renovar os abonos por internet, unha alternativa á que se acolleron 2.327 socios. Ademais se implementaron novas categorías bonificadas ás que se acolleron: 4.141 sub-25, 2.165 ADN-Branquiazul, 1.141 Maiores de 65 anos e 1.134 desempregados. Todos eles son os socios que se beneficiaron de importantes descontos nos seus cartóns anuais. Ademais a Deportivo conta con 638 socios amigos.
 
As socias representan un 23% da masa social (5.532). Ademais, actualmente, case 15.000 abonados do Deportivo residen no municipio da Coruña, algo máis de 7.000 no resto da provincia, case un milleiro en Galicia e uns 300 repartidos por toda España.
 
Nesta campaña o Deportivo tamén solicitou aos seus socios a colaboración para captar novos abonados, premiándoos cunha bonificación do 5% do volume de negocio xerado para o Club en descontos no seu carné para a próxima tempada. 953 foron os abonados que captaron polo menos un novo socio para o Deportivo e por iso o próximo ano gozarán de descontos no seu abono que fluctúan entre os 2,75 € e os 263,50 €. En total foron 1.341 os novos socios que chegaron ao Dépor da man doutros abonados. O socio que máis novos afiliados conseguiu é Miguel Anxo Piñeiro, que achegou ao Club un total de 25 socios, seguido de Jose González con 14 e Alberto Estraviz con 13.