RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor centra a súa atención no Burgos CF coa única ausencia este mércores de Jose Ángel

O Dépor centra a súa atención desde este mércores no Burgos CF, primeiro rival ligueiro esta temporada en ABANCA-RIAZOR o domingo 24 de agosto ás 17:00 (Dazn e LaLiga TV Hypermotion).

A única ausencia é Jose Ángel, que segue con adestramento personalizado.

Antonio Hidalgo dispuxo no campo 2 unha activación con rondos, un exercicio de duelos, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Os Nosos están citados de novo este xoves 21 de agosto para almorzar xa na instalación e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.