RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ALEVÍN A

Definido o calendario do Alevín A para a Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8

O Alevín A, campión do subgrupo 1º, xa coñece o calendario da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, que arrinca este sábado 16 de marzo para o equipo deportivista ás 11:00 na Torre.

Os rivais branquiazuis son o ED Luis Calvo Sanz, San Tirso SD, CD Calasanz, Sada CF A e Fabril FC Alevín.

O formato de competición é de liga todos contra todos a dobre volta. Ao concluír, os 3 primeiros accederán á Fase Intermedia do Campionato Galego.

O calendario do Alevín nesta segunda fase é o seguinte:

Xornada 1 (16/03/2024)        Xornada 6 (27/04/2024)
Alevín A                                     ED Luis Calvo Sanz

Xornada 2 (23/03/2024)        Xornada 7 (01/05/2024)
CD Calasanz                              Alevín A

Xornada 3 (06/04/2024)        Xornada 8 (04-05-2024)
Alevín A                                     Fabril FC Alevín

Xornada 4 (13/04/2024)        Xornada 9 (11/05/2024)
San Tirso SD                              Alevín A

Xornada 5 (20/04/2024)        Xornada 10 (18/05/2024)
Alevín A                                     Sada CF A

Así mesmo, no Alevín A, Enzo Bértoa, Hugo Macedo, Nacho Villanueva e Iván Gil participan hoxe coa selección galega sub-12 nun amigable ante o RC Celta de categoría infantil no campo da Madroa (Vigo).