RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Definitivamente, Naybet queda no Deportivo

Aínda que nun principio existía un acordo entre o Deportivo e o Manchester para o traspaso de Nourredine Naybet por 8 millóns de dólares, o xogador rompeu as negociacións co club británico, ao non chegar a un acordo económico.

Augusto César Lendoiro confirmou a noticia e realizou as seguintes declaracións "volve outro Naybet, quen decidiu quedar na Coruña con todas as da lei. Recuperamos un novo xogador. Para satisfacción nosa, Naybet rompeu as negociacións cun club como o Manchester."

"En igualdade de condicións económicas, o xogador prefire quedar no Deportivo".

Naybet manifestara que cando deixase o Deportivo sería por unha forte oferta económica, e ante a pequena mellora ofrecida polo club inglés, o xogador decidiu permanecer na Coruña.

O xogador regresará esta noite á cidade herculina para incorporarse mañá mesmo aos adestramentos co primeiro persoal.

Nourredine Naybet volve ao Deportivo coa intención de cumprir o seu actual contrato e mesmo finalizar a súa carreira no Deportivo da Coruña.