Dépor ABANCA e Dépor ABANCA B acaparan premios na Gala do Fútbol Feminino Galego
O Dépor ABANCA e o Dépor ABANCA B acaparan a maior parte dos premios da 7ª edición da Gala do Fútbol Feminino Galego, que se celebrará o próximo 27 de decembro (21:00 horas) no Cenador de Cambre; e que distingue ás mellores futbolistas, técnicos e clubs da temporada 2018-2019.
O acto está organizado pola Revista do Fútbol Feminino Galego, en colaboración co Concello de Cambre.
As premiadas deportivistas son as seguintes:
-Deportivo ABANCA: Mellor equipo galego
-Cris Martínez: Mellor lateral dereito de 2ª División
-Silvia Mérida: Mellor central dereito de 2ª División
-Teresa Abelleira: Mellor centrocampista de 2ª División
-Alba Merino: Mellor interior esquerda de 2ª División
-Gabriela García, Gaby: Mellor mediapunta de 2ª División
-Ainize Barea 'Peke': Mellor dianteira de Segunda División
-Carlota Sánchez: Mellor xogadora de 1ª División galega
Ademais, Manu Sánchez, técnico do Dépor ABANCA, está entre os aspirantes a mellor técnico galego; e Teresa Abelleira aspira a ser elixida a mellor promesa do fútbol galego e a mellor futbolista galega de 2ª División.
Desta forma, o Club branquiazul convértese no principal referente do balompé feminino a nivel galego.