RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dépor e Celta dispútanse mañá mércores o Trofeo Luís Calvo de fútbol once, ás 18:30 en Carballo

Os dous 'grandes' do fútbol galego, Deportivo e Celta, pelexarán pola sétima edición do Trofeo LuIs Calvo de fútbol once, mañá mércores 24 de maio ás 18:30 no campo das Eiroas de Carballo.

O Alevín A proclamouse campión do grupo norte con 33 puntos de 33 posibles, froito de 11 vitorias en 11 partidos. Os branquiazuis, dirixidos por Roberto Veres, marcaron 70 goles e só encaixaron 4.

Pola súa banda, o Celta A dominou o grupo sur, con 24 puntos de 24 posibles, despois de 8 vitorias en 8 partidos. Os célticos marcaron 49 goles e recibiron 4 dianas.