RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Dépor e Celta xóganse mañá mércores en Carballo o cetro galego alevín en fútbol once

O Deportivo e o Celta ven as caras mañá mércores 23 de maio no campo das Eiroas de Carballo (18:00 horas), con motivo da gran final do Trofeo Luis Calvo de fútbol once alevín.

Ambos os equipos acceden á gran final após ser campións dos seus respectivos grupos.

O Dépor foi campión do grupo norte após vencer nos seus 12 partidos disputados. Os branquiazuis que dirixe Roberto Veres marcaron 72 goles e encaixaron só 4.

Pola súa banda, no sur, o Celta saíu triunfador nos seus 9 partidos, cun total de 72 goles marcados e 3 encaixados.