RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo 2 - Málaga 2

Ao descanso chegouse co empate a un no marcador tras remontar con gol de Naybet o gol inicial de Darío Silva. Nunha segunda parte na que o Málaga tentou para o xogo todo o posible o Deportivo adiantouse con gol de Fran, pero inmediatamente despois Dely Va


Comezou o partido en Riazor cunha gran ocasión para Makaay no segundo 32. Así, durante o vinte primeiros minutos os branquiazuis dispuxeron de moitas ocasiones pero non conseguiron transformar ningunha. Así tras uns primeiros minutos moi intensos do Deportivo o partido se fué arrefriando, así no minuto 28 , tras perder o Deportivo un balón no centro do campo, o Málaga monta a contra con tres xogadores contra dous defensa. O balón chega a Darío Silva que de disparo raso pasa en balón entre as pernas de Molina e marca o primeiro gol.


O Deportivo de novo colleu as rendas do partido e así preto da finalización da primeira parte chegaría o gol do empate. Centro de Víctor por banda dereita e remate de Makaay de cabeza ao segundo pau que toca na cruceta cando Contreras xa non podía facer nada. Naybet moi atento remata en primeiro termo de cabeza e Contreras rexeita, pero outra vez Naybet esta vez coa perna remata e marca o gol do empate.

A segunda parte comezou como terminou a primeira, co Deportivo dono do balón pero sen consegiur que as súas ocasións se materialicen o gol. Cando parecín que o gol non ía chegar un gran pase de Vañerón ao momento de penalti cara a Makaay pero o seu marcador rexeita o balón que queda a Fran dentro da área un pouco escorado, con todo o seu disparo é moi duro e Contreras rexeita cara ao fondo das mallas.

Inmediatamente despois, nunha xogada moi dubidosa, o colexiado pitaba pena máxima en contra do Deportivo tras cortar un central una contra do Málaga. O tiro de Dely Valdés tocou no traveseiro pero terminou entrando na portaría de Molina. Posteriormente o partido complicábase aínda máis ao ser expulsado Naybet por segundo cartón amarelo no minuto 42.

Tras catro minutos de desconto finalizaba o partido, o Deportivo dispuxo de moitas ocasiones pero non puido levar o partido xa que o Málaga aproveitou as súas escasas ocasións para marcar dous goles.

Polo Deportivo: Molina, Romeu, Naybet, Mauro Silva, Makaay, Fran, Scaloni, Sergio, Víctor, Valerón e Héctor.
Polo Málaga: Contreras, Bravo, Dely Valdés, Darío Silva, Musampa, Valcarce, Romeu, Gerardo, Miguel Anxo, Larrainzar e Josemi.