RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo 2 - Real Madrid 0<br>O Deportivo imponse ao Madrid e xa mira a postos UEFA

O Deportivo volveu ser a besta negra do Real Madrid. Cun xogo sereno, equilibrado e con poutadas perigosas en ataque, o cadro deportivista tombou ao equipo branco e mira xa á zona UEFA da clasificación.

Os dous goles deportivistas chegaron nos minutos iniciais do partido, a cargo de Luque e de Pavón en propia meta. A partir de aí, o Dépor cedeu o terreo ao Real Madrid e saíu en rápidos contragolpes que a punto estiveron de custarlle máis desgustos a Iker Casillas. Un exemplo foi unha bonita contra que salvou a meta madridista in extremis a tiro de Diego Tristán.

A segunda metade foi dun xogo máis contemporizador deportivista ante un Madrid que creou pouco perigo á meta defendida por Gustavo Munúa.

Polo Deportivo de inicio: Munúa, Manuel Pablo, Mauro Silva, Sergio, Tristán, Andrade, Capdevila, Víctor, Víctor, Luque, Valerón e Coloccini. Suplentes: Dani Mallo, Romeu, Fran, Munitis, Sacloni, Acuña, Pablo Amo.

Polo Madrid: Casillas, Roberto Carlos, Zidane, Figo, Owen, Raúl Bravo, Gravesen, Portillo, Walter Samuel, Pavón e Becham. Suplentes: César, Borja, Celades, Solari, Álvaro Mejía, Palencia e Xurado.