RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Deportivo e Laracha amplían o seu convenio para potenciar a formación de futbolistas

O Real Club Deportivo e o Laracha CF ampliaron o seu convenio de colaboración para seguir potenciando a formación de futbolistas e reforzar a competitividade do Club roxiverde.

O convenio permitirá que os xogadores de categoría xuvenil do Deportivo poidan seguir o seu proceso formativo competindo en Terceira División, categoría nacional que os achegará á posibilidade de participar en partidos do filial deportivista, o Fabril do Grupo I de Segunda División B.

O adestrador elixido para liderar este proxecto común tan importante para ambas as institucións é o betanceiro Óscar Gilsanz, nomeado mellor adestrador de Terceira División da pasada Temporada pola Real Federación Galega de Fútbol.