RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo e Xetafe repártense un punto tras un partido igualado

Deportivo e Xetafe empataron a un gol en Riazor (1-1) nun partido no que o cadro deportivista non foi capaz de administrar a súa vantaxe no marcador. O Dépor segue sen coñecer a derrota después de tres partidos e suma sete do nove últ

Lotina introduciu un cambio respecto ao equipo que gañou o pasado sábado en Sevilla ao Betis, á marxe do de Andrés Gardado por lesión. Bodipo ocupou a posición na punta de ataque de Xisco. Polo demais, o mesmo once e o mesmo debuxo táctico, con tres centrais, Lopo, Coloccini e Pablo Amo, dous carrileros, Manuel Pablo e Filipe, dous pivotes, De Guzman e Antonio Tomás e dous homes por diante, Juan Rodríguez pola dereita e Joan Verdú caendo á esquerda.

O partido empezou igualado, con moito respecto por parte de ambos os equipos, aínda que o Dépor esperou algo máis atrás as acometidas do Xetafe. No equipo madrileño, Laudrup optou por deixar sentado ao nixeriano Uche no banco, recentemente chegado da Copa de África. O Deportivo achegábase á meta de Pato xeralmente en saques de esquina e faltas, con Filipe moi activo pola banda esquerda. O tres centrais branquiazuis incorporáronse sempre ao remate, aínda que a defensa madrileña abortou sempre calquera tipo de remate.

O Dépor puido adiantarse no marcador á media hora de xogo. Manuel Pablo centra raso ao corazón da área. Bodipo déixalla a De Guzmán e este engancha na frontal un disparo raso que se vai lixeiramente desviado ao pau dereito da meta de Pato. O Xetafe tentouno case sempre desde fóra da área, pero con pouca fortuna neste tramo do partido.

O gol deportivista chegou ao fío do descanso, no que os técnicos chaman un gol psicolóxico. Tras un saque dunha falta ao segundo pau, Pablo Amo cabecea ao centro da área pequena coa fortuna de que o central getafense Mario, no seu intento de despexe, coa o esférico na meta de Pato. Xa non houbo tempo para máis. Descanso e vitoria parcial do Deportivo.

Tras o regulamentario paso polos vestiarios, o equipo de Lotina deixou que o Xetafe leva a iniciativa nos primeiros minutos. No minuto 54, Albín pediu penalti tras caer na área deportivista cun forcejeo con Coloccini. Un minuto máis tarde, De la Red engancha unha volea desde un trinta metros que se marcha lixeiramente desviada ao pau dereito da portaría de Fabricio. Laudrup xógalla e empeza a mover o banco. O nixeriano Uche entra no campo sen apenas adestrar tras o seu paso pola Copa de África.

Riazor ovacionou a Wilhelmsson, que relevou a Verdú no minuto 66. O primeiro sueco na historia do Deportivo foi recibido con moitos aplausos pola bancada. Un minuto máis tarde, Bodipo tivo nas súas botas o segundo gol, pero non precisou a súa vaselina sobre un adiantado Pato. Uche, un futbolista que sempre marca en Riazor, empatou o partido acto seguido. O nixeriano recolle un balón na banda esquerda tras un despexe defectuoso da zaga deportivista e fusila a Fabricio por alto.