Unha vez terminada a undécima xornada do Campionato Nacional de Liga, na que o Deportivo se mantén na segunda posición da táboa tras o empate a un cultivado en Pamplona, xa temos gañador da xornada do Deportivo En Xogo.
Trátase de David Díaz Mourote con 238 puntos, seguido de Xoán López do Castelo con 225 e de Gustavo Rodríguez Santos con 224.
A clasificación xeral segue encabezada por Xoán López do Castelo, que grazas ao seu bo resultado esta xornada afianza un pouco máis o seu primeiro posto con 1418 puntos, segundo é David Lafuente Branco a 35 puntos e terceiro colócase o gañador da xornada, David Díaz Mourote, que remonta 14 postos e se situa a 43 puntos.
Xa podes participar na próxima xornada do Deportivo en Xogo Liga na que o Deportivo se enfrontará ao Celta, asi como na do Deportivo en Xogo Europa, na que antes de mañá martes ás 18:45 deberás prognosticar sobre a xornada da Champions na que a Deportivo visita ao París Saint-Germain.