RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Derbi coruñés para o Fabril, mañá domingo na Grela ante o Silva

  O derbi coruñés de Terceira División entre o Silva e o Fabril, previsto para mañana domingo 22 de novembro ás 12.15 na Grela, é o partido más destacado da xornada dominical na canteira deportivista. Manu Mosqu

Ademais do filial deportivista, o Cadete A visita mañá ao Bora pontevedrés.

Hoxe sábado en Abegondo só xogaron o Xuvenil A e Infantil A, con derrota ante o Oviedo e goleada ao Imperátor respectivamente.
 
Lonxe da cidade deportiva competiron o Xuvenil B (empate en Redondela), Cadete B (empate en Lugo), Infantil B (triunfo en San Pedro de Nós), Alevín A (vitoria en La Torre), Benjamín A (igualada na Grela) e Benjamín B (triunfo en La Torre).
 
O calendario do fin de semana, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:
 
Terceira División
SILVA - FABRIL, o domingo 22 de novembro ás 12.15 na Grela
 
Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 3 (Adrián e Josiño (2)) - REAL OVIEDO 4
 
Liga Nacional: CHOCO 2 - XUVENIL B 1 (Mosquera)
 
Categoría cadete
División de Honra: BORA - CADETE A, o domingo 22 de novembro ás 11.30 en Monteporreiro (Pontevedra)
 
Liga Galega, grupo 1º: LUGO B 0 - CADETE B 0
 
Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 7 (Pérez (2), Añón (2), Mosquera, Rares e Iago) - IMPERÁTOR 1
 
Primeira Autonómica, grupo 1º: ATLÉTICO SAN PEDRO 0 - INFANTIL B 9 (Jairo, Antón, Nils, Noel, Trilli, Padín (2), Dani e Álvaro)
 
Categoría alevín
Primeira Comarcal, grupo A Coruña: ALEVÍN A 3 (Quique, Hugo Baldomar e Trigo) - IMPERÁTOR 2
 
Primeira Comarcal (grupo As Mariñas), xogado onte venres: ALEVÍN B 9 (Noah (3), Marco Baña, Manu, Domínguez, Yago, Marco Castro e Diego) - SPORTING CAMBRE 0
 
Categoría benjamín
Primeira Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas): IMPERÁTOR 1 - BENJAMÍN A 1 (Samuel)
 
Segunda Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas): URAL 1 - BENJAMÍN B 3 (Dani, David e Bruno)