RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril coñece este luns 5 de maio ás 13:15 o seu rival na primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación

O Fabril coñece este luns ás 13:15 o seu rival na primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación segundo o sorteo que se celebrará na sede da RFEF.

O filial, que entra como 4º clasificado nesta fase de ascenso, enfrontarase á un dos terceiros dos outros grupos, que son o CF Talavera de la Reina, SD Eibar B, Sant Andreu CF e UCAM Murcia.

A ida será o vindeiro domingo 11 de maio en ABANCA-RIAZOR. "É un premio moi bonito para eles poder xogar en ABANCA-RIAZOR, nun estadio de Primera División", opinou Manuel Pablo na sala de prensa de Abegondo.

Dos rivais, o técnico fabrilista cualifícaos como "potentes porque fixeron unha gran campaña e por iso están diante de nós na clasificación. Estudarémolos estes días intensamente".

Iso si, promete un Fabril "coa nosa idea sempre de ser competitivos, de gozar e de dar a cara sempre".