RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRILMay 5, 2025

O UCAM Murcia, rival do Fabril na primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación

O Fabril enfrontarase ao UCAM Murcia na primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación segundo o sorteo que se celebrou este mediodía na sede da RFEF.

O filial, que entrou como 4º clasificado do grupo 1º nesta fase de ascenso, quedou emparellado pois co 3º do grupo 4º.

Os murcianos acabaron a liga con 60 puntos despois de 16 vitorias, 12 empates e 6 derrotas; con 46 goles a favor e 22 en contra.

A ida será en ABANCA-RIAZOR o 10 ou 11 de maio mentres que a volta será na Condomina o 17 ou 18.

Ambos os clubs víronse as caras hai pouco, posto que o UCAM Murcia enfrontouse o 1 de decembro de 2021 ao Dépor na primeira rolda da Copa do Rei. Gañaron os branquiazuis (3-4) na prórroga con goles de William de Camargo, Quiles -2- e Yeremay.