
DÉPOR FABRIL · 5 MAIO 2025
O UCAM MURCIA, RIVAL DO FABRIL NA PRIMEIRA ELIMINATORIA DO PLAY OFF DE ASCENSO A PRIMERA FEDERACIÓN
O Fabril enfrontarase ao UCAM Murcia na primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación segundo o sorteo que se celebrou este mediodía na sede da RFEF.O filial, que entrou como 4º clasificado do grupo 1º nesta fase de ascenso, quedou emparellado pois co 3º do grupo 4º.Os murcianos acabaron a liga con 60 puntos despois de 16 vitorias, 12 empates e 6 derrotas; con 46 goles a favor e 22 en contra.A ida será en ABANCA-RIAZOR o 10 ou 11 de maio mentres que a volta será na Condomina o 17 ou 18.Ambos os clubs víronse as caras hai pouco, posto que o UCAM Murcia enfrontouse o 1 de decembro de 2021 ao Dépor na primeira rolda da Copa do Rei. Gañaron os branquiazuis (3-4) na prórroga con goles de William de Camargo, Quiles -2- e Yeremay.

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...

Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este v...

Actividades e gran ambiente nos arredores de ABANCA-RIAZOR du...

Antonio Hidalgo presume de "un gran cadro, moi comprometido" ...