Deportivo e RC Celta xogan mañá xoves en Abegondo (19:00 horas) un derbi que pode decidir o título na División de Honra cadete.
Ao partido chega o Cadete A con 5 puntos de vantaxe sobre o conxunto céltico. Así pois, un triunfo deportivista suporía un golpe case definitivo á liga.
O domingo haberá nova xornada ligueira, na que o Cadete A visita en Lugo ao CD Lugo A.
O outro partido adiantado en #ANOSACANTEIRA será o venres 28 tamén na Cidade Deportiva (18:30 horas) entre o Infantil B e o Atlético Arteixo, correspondente ao grupo 1º da Primeira Autonómica.
En canto á fin de semana, a novidade será o domingo 1 de marzo, xa que o partido entre o Fabril e o Bergantiños CF, correspondente xa á 26ª xornada, disputarase en ABANCA-RIAZOR.
Será a continuación do partido de LaLiga SmartBank entre Deportivo e CD Lugo previsto para as 16:00 h. polo que o encontro entre o filial e o conxunto carballés arrancará ás 18:30 horas.
Todos os socios e afeccionados do Deportivo que estean no interior do Estadio para ver o partido de LaLiga poden permanecer na súa localidade para ver o partido de Terceira División. Os seguidores do Bergantiños que queiran acudir ao partido poderán comprar as entradas a través do seu Club, localidades que, por cortesía do Real Club Deportivo, tamén lles darán acceso ao Dépor-Lugo.
Retorna á competición tralo parón competitivo da pasada semana o Deportivo ABANCA B (domingo ás 11:00 en Abegondo ante o Victoria CF, no derbi coruñés de Primeira Nacional); o Xuvenil B (sábado ás 17:30 en Lugo) e os dous equipos alevíns e benxamíns.
A xornada complétana o domingo os partidos do Xuvenil A (en Santander ante o Bansander) e do Infantil A (en Abegondo ante o Ural CF).
Descansa o Cadete B, cuxo partido da xornada 23 do grupo norte da Liga Galega ante o Atlético Coruña Montañeros CF disputouse o pasado venres 21 de febreiro.
O calendario de partidos é o seguinte:
Terceira División
26ª xornada: FABRIL - BERGANTIÑOS CF, o domingo 1 de marzo ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR
Clasificación: ... 4. CD Barco, 41 puntos; 5. CSD Arzúa e CD Choco, 40 puntos; 7. Fabril, 39 puntos; 8. UD Ourense, 36 puntos...
Categoría feminina
19ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA CF, o domingo 1 de marzo ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 41 puntos; 3. Victoria FC e Oviedo Moderno CF B, 34 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 33 puntos; 6. CD Valladares, 32 puntos; 7. Sporting de Gijón B, 27 puntos...
Categoría xuvenil
24ª xornada: BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 1 de marzo ás 12:30 no campo de Monte (Santander)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 56 puntos; 3. Xuvenil A e Real Racing Club, 41 puntos; 5. Bansander, 38 puntos...
23ª xornada: CD LUGO B - XUVENIL B, o sábado 29 de febreiro ás 17:30 no campo da Cheda (Lugo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 61 puntos; 2. Xuvenil B, 49 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 45 puntos...
Categoría cadete
24ª xornada: CADETE A - RC CELTA, mañá xoves 27 de febreiro ás 19:00 en Abegondo
23ª xornada: CD LUGO A - CADETE A, o domingo 1 de marzo ás 12:30 en Cospeito
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 66 puntos; 2. RC Celta, 61 puntos...
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 58 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 50 puntos...
Categoría infantil
7ª xornada: INFANTIL A - URAL CF, o domingo 1 de marzo ás 11:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Fase polo Título Galego: 1. RC Celta e Infantil A, 18 puntos; 3. CD Areosa, 13 puntos...
24ª xornada: INFANTIL B - ATLÉTICO ARTEIXO, o venres 28 de febreiro ás 18:30 en Abegondo (campo 8)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 63 puntos; 2. Ural CF B, 54 puntos...
Categoría alevín
12ª xornada: ONCE CABALLEROS CF A - ALEVÍN A, o domingo 1 de marzo ás 11:00 no campo de Lendoiro (A Barcala)
Clasificación da liga Comarcal: 1. Alevín A, 30 puntos; 2. Victoria CF A, 27 puntos...
4ª xornada: OZA JUVENIL SD - ALEVÍN A, o domingo 1 de marzo ás 16:00 en Elviña (pequeno)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín A, Atlético Coruña Montañeros CF A e Ural CF A, 9 puntos; 4. CD Lugo A e Galicia Caranza A, 6 puntos...
11ª xornada: CD CALASANZ C - ALEVÍN B, o sábado 29 de febreiro ás 13.30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira C: 1. Alevín B, 30 puntos; 2. Victoria CF C, 24 puntos...
Categoría benxamín
12ª xornada: BETANZOS CF - BENXAMÍN A, o sábado 29 de febreiro ás 12:15 no Carregal (Betanzos)
Clasificación da liga Comarcal: 1. Benxamín A, 33 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz A, 30 puntos; 3. San Tirso SD A, 24 puntos...
11ª xornada: VICTORIA CF C - BENXAMÍN B, o sábado 29 de febreiro ás 13:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira C: 1. Benxamín B, 30 puntos; 2. Victoria CF B, 23 puntos...