RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Derrota do Fabril, superado nas dúas áreas pola Unión Adarve

O Fabril caeu derrotado (2-3) esta tarde en Abegondo co AD Unión Adarve, en partido correspondente á 8ª xornada no grupo 1º da Segunda División B.

Con este marcador, o Fabril queda con 4 puntos na 19 praza da clasificación.

O partido estivo marcado polo maior acerto do equipo madrileño nas dúas áreas. E iso a pesar de que Juanje puña rápido en vantaxe no marcador ao Fabril, cun gol aos 5 minutos.

O Adarve logrou empatar ao ecuador da primeira parte pero, ao fío do descanso, Montiel adiantou de novo ao Fabril cun saque directo de falta, coa colaboración do meta visitante.

Na segunda metade, o partido cambiou co empate do Adarve, obra de Álvaro Sánchez no minuto 60. O Fabril perdeu o sitio e acusou o nerviosismo, o que aproveitou o propio dianteiro madrileño para facer o 2-3 no minuto 66.

A partir de aquí, quizais con máis corazón que cabeza, o Fabril lanzouse a por a igualada. E puido logralo no desconto. May quedou só ante o porteiro rival, pero no canto de disparar a porta, preferiu ceder a Uxío, que chegaba pola súa esquerda. O balón foi demasiado longo e o dianteiro coruñés non chegou a rematar.

Fabril: Pedro López, Blas, Quique Fornos, Gaizka, One, Sáelles-Lamonge, Carlos López, Víctor, Juanje, Montiel e Uxío. Tamén xogaron: Javi Cobo, May e Villares.

A próxima fin de semana, o filial deportivista volve xogar en Abegondo. Será o domingo 21 de outubro ás 12:00 ante o UD San Sebastián de los Reyes.

Así transcorre a temporada para o Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3