RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Derrota do Orzán SD Cadete no partido de ida de semifinais da Liga Galega no único encontro de ANOSACANTEIRA feminina

Un único partido xogouse esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

Hoxe sábado 17 de maio en San Pedro de Visma, o Orzán SD Cadete caeu por 1-0 co Victoria CF no partido de ida das semifinais da Fase polo Título do Campionato Galego.

A volta será a próxima fin de semana.

As orzanistas apearon en cuartos de final ao Bergantiños CF e as blanquinegras, ao Victoria FC de Santiago.

En canto ao resto de categorías, concluíron as súas ligas, ademais do Dépor ABANCA B, o Orzán SD Sub-21, campión de Primera Autonómica e ascendido a Tercera Federación; e o Orzán SD Xuvenil, que acabou 3º no grupo 1º da Segunda Autonómica e está á espera de confirmación oficial do seu ascenso a Primera Autonómica.

Descansan o Orzán SD Infantil A e o B na segunda fase da Liga Galega.

Os resultados foron os seguintes:

Liga Galega cadete
Fase Final polo Título, semifinal, ida: VICTORIA CF 1 - ORZÁN SD CADETE 0