RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Derrota na última cita de Teresa con España no Torneo A Manga, ante Países Baixos

Foto: - @SEFutbolFem -

Teresa Abelleira, capitá do Deportivo ABANCA, disputou estes días con España o Torneo A Manga de categoría sub-19 feminina. O escenario dos partidos foron as instalacións da Manga Club en Cartaxena.

O terceiro e último partido da selección española nesta competición disputouse hoxe luns 4 de marzo ante Países Baixos, superiores hoxe a España en eficacia (0-2). Teresa, que saíu ao campo de titular, foi substituída no minuto 77 por Nerea Eizaguirre.

A segunda cita de España nesta competición foi o pasado sábado 2 de marzo fronte a Suíza, á que derrotou con rotundidade (0-3). Teresa foi titular e xogou 78 minutos, cando foi substituída por Silvia Rubio, co partido xa sentenciado.

A futbolista branquiazul e as súas compañeiras de selección estreáronse o pasado xoves 28 de febreiro con outro triunfo ante Inglaterra (1-2), unha vitoria de pompa fraguada na segunda parte. Nesta ocasión, Teresa Abelleira arrincou o choque no banco e saltou ao céspede no minuto 56, en substitución de Silvia Rubio.

Os resultados do equipo nacional foron os seguintes:

Xoves 28 de febreiro
INGLATERRA 1 - ESPAÑA 2

Sábado 2 de marzo
SUÍZA 0 - ESPAÑA 3

Luns 4 de marzo
ESPAÑA 0 - PAÍSES BAIXOS 2

A consecuencia desta convocatoria, Teresa Abelleira perdeuse a visita do Deportivo ABANCA ao Xixón FF, correspondente á 20ª xornada, onte domingo 3 de marzo na cidade asturiana.