Descanso activo para os futbolistas que xogaron máis minutos en Oviedo e máis carga para o resto
Os futbolistas que tiveron máis minutos onte no Carlos Tartiere de Oviedo tiveron unha mañá de descanso activo e de recuperación en Abegondo, con ximnasio e bicicleta na zona da bancada habilitada para iso, con bicis cedidas por Coruña Sport Centre da Matogrande.
Para o resto do cadro houbo un adestramento de case dúas horas de duración en Abegondo, supervisado por Fernando Vázquez; cun quecemento, rondos e fútbol en espazo reducido no campo 2.
Adestráronse á marxe do grupo Valín e Jovanović; ademais de Eneko Bóveda, que realizou carreira continua ao longo dos 7 campos de herba natural do complexo deportivista.
O cadro regresa aos adestramentos mañá venres 19 de xuño ás 11:00 en Abegondo. Ao concluír, Fernando Vázquez fará pública a lista de convocados para o partido deste sábado 20 de xuño en ABANCA-RIAZOR ante o Rayo Vallecano (17:00 horas, Movistar LaLiga), correspondente á 34ª xornada en LaLiga SmartBank.