RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Descrición de Ramón de Chairo. Primerísima figura na Historia do Deportivismo

Mentres o Deportivo estaba en Venezuela, en Coruña uno dos máis importantes comentaristas deportivos da cidade, ?Marathon?, publicaba na súa sección da ?Folla do Luns? unha descrición de Ramón de Chairo e Martín. Don Ramón, que fora un eficiente Secretari

A FIGURA MÁIS EMINENTE DO Club

(...) ...don Ramón de Chairo e Martín é ?aínda- a figura, a personalidade máis decisiva e culminante no primeiros setenta anos de vida do noso Real Club.

Longos anos de visita diaria, por mor da información, aos seus despachos de Secretario Xeral, na rúa dos Olmos, en ?A Terraza? e na Mariña, descubríronme a presenza dun home extraordinario na virtual dirección do Club; no seu peliaguda administración, sacando pesetas de onde non as había; na súa habilidade -maquiavélica?- para esquivar aos acredores e aos xogadores ?e para el o xogador era o primeiro- que se lle presentaban a cobrar a mensualidade en fases de grave crise económica; no seu trato amable e compracente cos informadores de Prensa; na súa multiplicada xestión de secretaría como administrador, como ?observador?, como ?patrón de pesca?, como mediador do Club coas Federacións nacional e rexional... Ata tal extremo que nos seus anos de actividade secretarial quíxollo levar, como adxunto, aquel gran Secretario da Real Federación Española de Fútbol que foi Don Ricardo Cabot.

(...) Xamais esquecín aquela sentenza súa dos anos corenta (...) cando o xenio inigualable de Eduardo González Valiño facía presaxiar o inexorable declive e unha masa de afeccionados reclamaba o seu cesamento e substitución. ?Isto non se arranxa mentres non boten a Chacho?, dicíase. Eu preguntaba entón: ?E a quen pomos no seu lugar??. E ?a masa? respondía inconscientemente: ?A calquera?. Ramón de Chairo comentábao ao seu entender filosófico e agudo: ?A dianteira do Deportivo sen Chacho é como cinco cabalos desbocados?.

Si, para min non hai dúbida de que don Ramón de Chairo foi ?e segue sendo- a figura, a personalidade máis culminante e decisiva en toda a Historia do Real Club Deportivo. Como que en ocasións, de gravísima crises, sen Xunta Directiva, sen ninguén ao seu lado, foi a única persoa que salvou ao Club da desaparición. Por iso cando o Deportivo, en 1956, festexou as súas ?vodas de ouro?, a Xunta Directiva, presidida entón por Don José Luís Pérez Cepeda, rendeulle as merecidas homenaxes nomeándoo Secretario Perpetuo de Honra e socio Honorario, distincións gravadas nunha placa de prata que lle foi entregada publicamente.

Como figura histórica na vida do Club, quen fomos os seus amigos e admiradores confiamos en que o seu nome volva ser lembrado, dentro dun lustro, na celebración das vodas de diamante do Deportivo.