Desde este verán, Dépor Campus en Santiago de Compostela
Os Dépor Campus seguen crecendo cada ano, neste caso coa posta en marcha dunha nova sede. Este verán, os nenos e nenas da capital de Galicia poderán gozar desta experiencia deportiva e de lecer organizada polo Real Club Deportivo en Santiago de Compostela. As extraordinarias instalacións do colexio M. Peleteiro serán a sede na que se desenvolverá o Dépor Campus do 3 ao 7 de xullo de 2017 de 10:00 a 14:00 h.
Como no resto de sedes, poderán participar todos os nenos que teñan entre 6 e 14 anos. Nesta sede, ademais haberá posibilidade de gozar de servizo de comedor.