RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Despachos de billetes do Palacio abertas desde as 10:00 para a venda de entradas do Dépor-Levante

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor abrirán ás 10:00 horas do sábado 27 de xaneiro para pór á venda as entradas dispoñibles para o Dépor-Levante que se disputa ás 13:00 no Estadio Abanca-Riazor. Até ese momento despacharanse entradas de Tribuna Superior, Tribuna Inferior, Preferencia Superior e Marathón Superior, cuxo prezo é 20 euros en todos os casos, excepto Marathón Superior (10 euros).

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor tamén estarán operativos para retirada de entradas adquiridas por internet, compra de abonos e incidencias nos carnés dos socios.

Pola súa banda, a Oficina de Atención ao Deportivista abrirá as súas portas o día do partido ás 11:00 horas, e até o inicio do mesmo, para recollida de entradas de colectivos, patrocinadores do Club e atención ao socio e accionista (tamén telefónica, de 11:00 a 13:00 h. no 981 259 500 Extensión 1).

Prezos entradas Dépor-Levante (sábado, 27 de xaneiro de 2018, 13:00 horas, Abanca-Riazor):