RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Día forte da semana co fin de prepararse para medirse a un UD Sanse "incómodo"

Cando os partidos da fin de semana xóganse en domingo, como neste caso o de San Sebastián de los Reyes (12:00 horas, InSports.tv), Óscar Cano considera o xoves como un dos días fortes da semana desde o punto de vista táctico.

En rolda de prensa esta mesma mañá, Arturo, ex xogador do equipo madrileño, alertou que o rival desta fin de semana é "moi competitivo. Xa saíu da fochanca negativa na que estabamos hai unha semana e agora están con moita confianza. Hai varios xogadores que están nun momento moi bo e sobre todo en casa van tentar ser ese equipo incómodo que fomos na primeira volta".

O novo dianteiro advirte que o UD Sanse "cando defende ben é moi difícil facerlle gol e cada disputa, cada duelo é moi difícil de gañarlles".

Baixo estas premisas o corpo técnico dispuxo hoxe, após un quecemento, unha tarefa de transicións e un partido 11 contra 11 no que tamén participaron os fabrilistas Dani Barcia e Brais Val.

Un último exercicio de fútbol en espazo reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Raúl Carnero comezou a facer as primeiras tarefas co grupo e Jaime estivo hoxe con adestramento personalizado supervisado polo readaptador, Álex Canosa.

Mañá venres o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 en Abegondo.