RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Dimitiu Felipe Poncet e Franganillo pasa a preparar fisicamente ao Fabril

A crise iniciada no Deportivo con motivo do cesamento de Eusebio Ríos, parece non ter fin. Ás novidades habidas días pasados das cales xa demos conta oportunamente, hai que engadir agora a dimisión do directivo Felipe Poncet, que ocupaba un posto na Comis

Tamén se soubo que o preparador físico, José Angel Franganillo, que formaba no cadro técnico con Eusebio Ríos, cesou nas súas funcións como preparador físico do primeiro equipo deportivista, pasando a desempeñar o seu traballo profesional no Fabril, nas categorías inferiores do club coruñés.
A dimisión de Poncet
Felipe Poncet, que xa pertencías á directiva presidida por Jesús Corzo, pasou a formar parte da actual xunta, unha vez elixido Andrés García Yáñez.

Como home experto no mundo do fútbol, ... foi nomeado membro da comisión deportiva do Club branquiazul, que presidía Manuel Raposo, quen tamén dimitiu do seu cargo en datas pasadas. Por razóns persoais e de diferenzas de criterio co presidente, Felipe Poncet tentara a súa dimisión hai meses. Pedíuselle que seguise na directiva e permaneceu ata o momento...

Nada aclarado sobre Ríos
A pesar de que nunhas declaracións a este xornal o presidente do Deportivo manifestou que con relación ao contrato de Eusebio Ríos estaban de acordo as partes litigantes e só "faltaba plasmalo nos papeis"...o certo é que segue sen aclararse o tema xa que o adestrador cesado non recibiu a menor comunicación sobre a súa situación, en relación coas cantidades que se lle deben.