RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Dispoñibles os cartóns de acceso e votación da Xunta de Accionistas da próxima semana

Desde o martes 10 de decembro, todos os accionistas que queiran acudir á Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo de La Coruña SAD, que se celebrará en Palexco os próximos días 16 e 17 de decembro de 2019 ás 19:00 h. (en primeira e segunda convocatoria, respectivamente) poden retirar os seus cartóns de acceso e votación para poder participar na mesma.

Os cartóns estarán dispoñibles nos seguintes horarios:

Martes 10 a venres 13: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. (OAD. avenida da Habana).
Luns 16: de 10:00 a 13:30 h. (OAD. avenida da Habana) e de 16:30 a 19:00 (Palexco).
Martes 17: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (Palexco).

Para obter o seu cartón de acceso e votación o accionista simplemente debe presentar o seu DNI. No caso de que o accionista represente a outros accionistas deberá presentar, simultaneamente, o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado.

Por operatividade e para evitar atrasos no inicio da Xunta Xeral, recoméndase e agradece que todos aqueles accionistas que leven accións representadas retiren os seus cartóns de acceso e votación antes do luns 16 ao mediodía.