RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Djalma: Vou traballar con moita ilusión

Djalminha compareceu esta mañá ante os medios tras a analítica e a sesión de traballo en Riazor. O xogador mostrouse moi ilusionado ante a nova tempada que agora se inicia e manifestou "eu vou traballar coa ilusión de xogar, debo traballar ao máximo".

Ante as preguntas dos xornalistas sobre os rumores da súa posible marcha, o xogador manifestou "bo, cando acaba unha temporaad sempre xorden rumores pero eu encaro todo de forma profesional, eu non tiven intención de marcharme, sobre todo despois da renovación, pero se o Club ten unha proposta eu vou mirar se é boa" e engadiu "pero non houbo ningunha presión do Club".

Djalminha asegurou "estiven gozando das miñas vacacións e non falei absolutamente con ninguén , con ningún Club para irme" e dixo ademais que espera "que esta sexa unha boa tempada para min e para o Club".

Os medios fixeron fincapé na súa relación persoal co técnico pero Djalma cortou tajantemente os comentarios "nós somos maiores e profesionais para afrontar as cousas da mellor maneira posible e sempre o imos a afrontar da mellor maneira para o Deportivo".