
Dobre cita de #ANosaCanteira no País Vasco hoxe domingo
- Xuvenil B en Nantes - A canteira do Dépor ten unha cita hoxe no País Vasco. Así, a Fabril visita á SCD Durango ás 11.45 horas no campo de Tabira. O encontro pertence ao partido de ida da primeira eliminatoria do play off de asce
Manuel Mosquera citou a estes futbolistas: David, Veloso, Iago, Jorge, Róber, Adrián, Anxo, Sam, Taboada, Queijeiro, Juan, Cañi, Cardoso, Remeseiro, Dani Igrexas e Alex Pérez.
A 68 quilómetros de distancia de Durango, en Zubieta ás 12.00, o Xuvenil A mídese á Real Sociedade o partido de volta dos oitavos de final da Copa do Rei. Na ida houbo triunfo pola mínima deportivista: 2-1.
Así mesmo, o Cadete B, campión do grupo norte, caeu onte sábado nos penaltis ante o Celta B, campión do grupo sur, na final autonómica. Os branquiazuis rozaron a xesta pois lograron empatar a final tras un 3-0 en contra.
En canto ao resto de categorías, o Xuvenil B pelexará hoxe domingo pola quinta praza da trixésima edición da Internacional Rezé Football, que se disputa na localidade francesa de Rezé (departamento de Loire-Atlantique).
Finalmente, o Alevín A proclamouse campión da Fase Norte do Campionato Galego de fútbol oito, que se disputou en Caranza (Ferrol). O conxunto deportivista accederá á Fase Final do Campionato Galego, a finais de mes en Portas. O Benjamín A quedou apeado na quenda de penaltis das semifinais da Fase Norte desta categoría.
O calendario do fin de semana, cos resultados de onte sábado, é o seguinte:
Play Off de ascenso a Segunda División B
Primeira eliminatoria, ida: SCD DURANGO - FABRIL, o domingo 24 de maio ás 11.45 no campo de Tabira (Durango)
Categoría xuvenil
Oitavos de final da Copa do Rei, volta: REAL SOCIEDADE - XUVENIL A, o domingo 24 de maio ás 12.00 en Zubieta
Internacional Rezé Football en Rezé (Francia)
Primeira Fase
Venres 22 de maio
XUVENIL B 1 - DIJON FC 2
NANTES 1 - XUVENIL B 0
Fase de Consolación
XUVENIL B 1 (Aarón) - TOUROS 0
XUVENIL B 2 (Pape e Javi) - EVIANG 0
Partido pola quinta praza
10.00: XUVENIL B - MOSCOVA
Categoría cadete
Final autonómica: CADETE B 3 (Armas, Catoira e Álvaro) - CELTA B 3. Por penaltis: 2-4
Categoría infantil
Fase polo Título Galego: GALICIA DE CARANZA - INFANTIL A, o domingo 24 de maio ás 12.00 en Caranza
Categoría alevín
Fase Norte do Campionato Galego de fútbol oito, en Caranza (Ferrol)
Fase de Grupos
ALEVÍN A 9 (Novoa, Antón, Jairo (2), Álvaro (2), Padín (2) e Nils) - SANTIAGO DE COMPOSTELA 0
CEE 0 - ALEVÍN A 5 (Jairo (2), Novoa e Noel (2))
ALEVÍN A 5 (Jairo, Buján, Nils e Padín (2) - BERTAMIRÁNS 0
Semifinal
ALEVÍN A 4 (Noel, Álvaro, Padín e Hugo Novoa) - LUÍS CALVO 0
Final
ALEVÍN A 7 (Álvaro, Padín, Noel, Buján, Novoa (2) e Jairo) - RACING DE FERROL 0
Galo Cup
Primeira Fase
ALEVÍN B 5 (Quique (2), Iván, Dani e Hugo García) - BERTAMIRÁNS 0
RACING DE FERROL 1 - ALEVÍN B 5 (Hugo García (3), Álvaro e Xosé)
ALEVÍN B 3 (Eloy, Quique e Dani) - CALASANZ A 1
Cuartos de final
ALEVÍN B 1 (Quique) - CELTA A 2
Segunda Fase da Segunda Comarcal: CALASANZ C - ALEVÍN B, o domingo 24 de maio ás 11.00 en La Torre (2.2)
Categoría benjamín
Fase Norte do Campionato Galego de fútbol oito, en Laracha
Primeira Fase
BENJAMÍN A 11 (Marco Baña, Marco Castro, Joan (3), Meki, Dani (2), Domínguez, Noah e Yago) - FISTERRA 1
BERTAMIRÁNS 3 - BENJAMÍN A 7 (Diego, Marco Castro, Joan, Meki, Dani e Domínguez (2)
BENJAMÍN A 8 (Marco Castro (2), Joan, Meki (2), Dani, Yago (2) e un futbolista rival en propia meta) - GALICIA DE CARANZA 1
Semifinal
BENJAMÍN A 1 (Marco Castro) - URAL 1. Por penaltis: 1-2
Segunda Fase Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas): BENJAMÍN B 12 (Óscar (2), David, Daniel, Pablo (3), Samuel, Zoe e Adrián (3)) - OLÍMPICO C 0



