RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo cre que "a eliminatoria está moi aberta"

Manuel Pablo manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "a eliminatoria está moi aberta. Teremos que atopar as situacións para facerlles dano" no Estadio Be Soccer La Condomina este sábado 17 de maio ás 19:00 horas.

O técnico fabrilista lamentouse das ocasións falladas na segunda metade de onte no partido de ida: "Non estivemos acertados pero chegamos con máis asiduidade na segunda parte. Espero o mesmo partido, competido porque tamén teñen velocidade arriba, bos xogadores. Tiveron as súas chegadas á área".

Admite que os xogadores se puideron marchar de ABANCA-RIAZOR "cun pouco de tristeza por non meter algún gol pero para nada frustración, e máis como competimos".

Por conseguinte, Manuel Pablo asegura que o Fabril afrontará a volta "coa mesma intención de ser competitivos, axustar as cousas que na primeira parte fixéronnos dano e algunhas en ataque, analizar e buscar o que sexa mellor. Eles supoño que nos analizarán e buscarán facernos dano. O equipo, a pesar de que non o conseguimos, está moi vivo".