RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo asegura estar centrado "en mellorar no xogo, na creación de oportunidades, en non cometer erros"

Manuel Pablo confesou na sala de prensa do Dépor Training Center que "no vestiario fálase desde hai tempo desa posibilidade de ser campións. Eu estou tranquilo. Non quero que leven grandes decepcións. Intento sempre competir, tamén dando oportunidades a xogadores, vendo un pouco máis aló que eles".

O técnico fabrilista admite que "a todos nos gusta estar aí arriba. Sei que estamos en boa disposición, que podemos entrar mesmo a través dun play off; por tanto non quero que sexa unha decepción se se cadra non consegues ese primeiro posto. Céntrome en mellorar no xogo, na creación de oportunidades, en non cometer erros".

Cre que "nese intento de mellora estamos máis preto de conseguir ese obxectivo".

Advirte que o Rayo Cantabria, rival do Fabril este sábado 7 de marzo ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) en ABANCA-RIAZOR, "dos últimos 5 partidos gañou 3 e empatou 2. Ofensivamente ten moitos xogadores de calidade. Leva só 2 goles menos que nós. A diferenza é en defensa, que encaixa moitos goles".

Finalmente Manuel Pablo lembra que "os partidos contra eles son moi disputados. Esperamos que veñan competir aquí. Están na mesma liña que nós. Tamén teñen xogadores que están a alternar co primeiro equipo".