RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Dobre compromiso este fin de semana para o Fabril

O Fabril comeza os amigables de verán este fin de semana, unha vez arrincada a pretemporada o pasado 16 de xullo.

Así, o sábado 28 de xullo ás 19.00 horas, o filial deportivista disputará o primeiro encontro. Será no campo das Mariñas de Sada e o seu rival será unha selección de xogadores saídos da Escola de fútbol do Raio Sadense e que agora mesmo militan en clubs de Terceira División e Preferente. Antes de que empezo o encontro, procederase ao acto polo que o campo das Mariñas pasará a chamarse oficialmente As Mariñas Andrés Pena, en honra do fundador da Escola do Raio Sadense (irmán de José Ramón Pena, ex presidente da Federación de Penas do Deportivo) falecido hai uns meses.

Ao día seguinte, domingo 29 de xullo, o filial branquiazul participará na terceira edición do 'Triangular Praíña SP..C. Uzal Seguros - Parrillada La Granja', que se disputará na modalidade de tres nun. O Pontevedra e o Compostela serán os outros dous participantes.

As datas confirmadas nesta pretemporada son as seguintes:

16 de xullo ás 17.30: Inicio da pretemporada no Mundo do Fútbol

28 de xullo ás 19.00 horas: Selección de Sada - Fabril, no campo das Mariñas de Sada

29 de xullo en Ponteveda (Teo): Terceira edición do Triangular Praíña SP..C. Uzal Seguros - Parrillada La Granja, co Compostela e Pontevedra

5 de agosto: Oitavos de final de Cópaa Deputación. O seu primeiro rival será o vencedor da eliminatoria que disputarán o Ordes contra o Boiro ou o Vizoño. Será a partido único e en calquera caso sempre lonxe do Mundo do Fútbol.

16 de agosto: Betanzos - Fabril no campo García Irmáns, co Trofeo Festas de San Roque en xogo