RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dobre triunfo branquiazul nos dous partidos de hoxe venres en #ANOSACANTEIRA

Dous partidos en Abegondo abriron hoxe venres 30 de abril a xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA: o Cadete B venceu á SD Ribadeo (3-2) no subgrupo A norte da Liga Galega; e o Alevín de fútbol once (3-0) ao CD Calasanz A, que chegaba como líder provisional da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A.

En Terceira División, xa coas prazas de play off moi lonxe, o Fabril recibe ao CD Estradense o domingo 2 de maio a partir das 16:15 horas. Os fabrilistas buscarán o desquite deportivo da derrota que sufriron na primeira volta no Municipal da Estrada.

Con parón ligueiro para o Deportivo ABANCA B (Primeira Nacional feminina), Xuvenil A (División de Honra), Alevín A (Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A) e Fabril FC Alevín (Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B), esta fin de semana tamén toca descanso na súa xornada para o Cadete A no subgrupo D da División de Honra e para o Infantil A no subgrupo B norte da Liga Galega.

Así mesmo, o partido do Xuvenil B ante o CD Areosa previsto para mañá sábado 1 de maio ás 12:00 en Abegondo, correspondente á 3ª xornada á Liga Nacional, grupo C de ascenso, foi aprazado por un caso de COVID-19 no vestiario deportivista.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
5ª xornada: FABRIL - CD ESTRADENSE, o domingo 2 de maio ás 16:15 en Abegondo
Clasificación do grupo play off de ascenso: 1. CD Estradense e Racing Villalbés, 43 puntos; 3. CD Choco, 41 puntos; 4. Rápido de Bouzas (un partido menos), 35 puntos; 5. Fabril, 34 puntos; 6. Silva SD (un partido menos), 30 puntos

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C: 1. Victoria CF, 42 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 41 puntos; 3. Oviedo Moderno CF B, 38 puntos; 4. Gijón FF, 37 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 34 puntos; 6. CDE Racing Féminas B, 29 puntos

Categoría xuvenil
Clasificación da División de Honra, segunda fase, grupo 1C: 1. Xuvenil A, 50 puntos; 2. RC Celta, 47 puntos; 3. Real Racing Club, 45 puntos...

3ª xornada: XUVENIL B - CD AREOSA, aprazado
Clasificación da Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso: 1. Xuvenil B, 55 puntos; 2. RC Celta B, 52 puntos; 3. SD Compostela, 46 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra, subgrupo D: 1. Cadete A, 15 puntos; 2. Ural Español CF, 9 puntos;: 3. Victoria CF, 5 puntos...

7ª xornada: CADETE B 3 (Mardones, Memet e un futbolista rival en propia meta) - SD RIBADEO 2
Clasificación da Liga Galega, subgrupo A norte: 1. Cadete B (un partido máis), 13 puntos; 2. Viveiro CF, 12 puntos; 3. CD Lugo 10 puntos; 4. SCD Milagrosa, 3 puntos; 5. SD Ribadeo, 0 puntos

Categoría infantil
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil A, 15 puntos; 2. Victoria CF, 10 puntos; 3. Ural Español CF, 7 puntos...

4ª xornada: OZA JUVENIL SD A - INFANTIL B, o sábado 1 de maio ás 12:30 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A: 1. Infantil B, 9 puntos; 2. Oza Juvenil SD A (un partido menos), 6 puntos; 3. CD Calasanz B, 3 puntos...

Categoría alevín
4ª xornada: ALEVÍN 3 (Paulo, Joaquín e Uxío) - CD CALASANZ A 0
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A: 1. Alevín (un partido menos) e CD Calasanz A, 9 puntos; 3. Oza Juvenil SD B (dous partidos menos), Victoria CF B (un partido menos) e Imperátor OAR A (un partido menos), 0 puntos

Amigable (xogado onte xoves): FABRIL FC ALEVÍN 3 (Martín Forján -2- e Iago Lameiro) - SAN TIRSO SD A 2

Categoría benxamín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 4ª xornada: ATLÉTICO CASTROS B - BENXAMÍN A, o domingo 2 de maio ás 9:30 na Torre (campo 1.1)

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C, 4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - CD CALASANZ A, o domingo 2 de maio ás 12:30 na Torre (campo 1.2)