RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dobrete de Rojo no merecido triunfo do Xuvenil B sobre o Lérez

Hoxe venres 22 de decembro, o Xuvenil B impúxose con toda xustiza (2-0) ao CD Lérez en partido adiantado á 17ª xornada de liga que se xoga a primeira fin de semana de xaneiro de 2018.

O pichichi Rojo foi o autor dos dous goles deportivistas, un en cada tempo, nun encontro de dominio branquiazul.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 34 puntos e mantense na cuarta posición da Liga Nacional.

Xuvenil B: Alberto, Iván, Borja, Pablo, Barbeito, César, Julián, Jorge, Rojo, Kilian e Bruno. Tamén xogaron: Litos, Iñaki, Pichu e Ernesto.

Mañá sábado 23 de decembro, o Xuvenil B disputará o Memorial Javier Nieto na Cidade Deportiva da Torre, ás 10:00 horas, ante un combinado dos clubs Compañía de María e Santa María del Mar. Será o seu último compromiso antes do parón do Nadal.

En liga, o Xuvenil B recibirá en Abegondo ao Boiro na seguinte xornada, a mediados de xaneiro.

Os resultados até a data do equipo que prepara Pablo López son os seguintes:

Boiro 3 - Xuvenil B 2 (César e Rojo)
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián -2-, Pichu, Paulo e César) - Ourense 0
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil B 1
Xuvenil B 2 (Rojo -2-) - Arosa SC 1
Choco 1 - Xuvenil B 2 (Rojo e Paulo)
Xuvenil B 5 (Rojo -2-, Litos, Borja e Bruno) - Compostela 0
Coruxo 1 - Xuvenil B 1 (Rojo)
Xuvenil B 2 (César e Pichu) - Lugo B 4
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián, Pichu -2-, Paulo e Litos) - Santa Mariña 0
Pabellón Ourense 1 - Xuvenil B 1 (Kilian)
Xuvenil B 6 (Kilian -2-, Barbeito, Rojo -2- e Paulo) - Victoria 1
Porriño 0 - Xuvenil B 2 (Rojo -2-)
Xuvenil B 1 (Rojo) - Celta B 1
Ural 0 - Xuvenil B 1 (Pichu)
Xuvenil B 2 (Jorge e Ernesto) - Conxo 0
Rápido de Bouzas 2 - Xuvenil B 2 (Kilian -2-)
Xuvenil B 2 (Rojo -2-) - Lérez 0