RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Doce partidos mañá sábado, co Fabril ante o Coruxo FC e o Dépor ABANCA B en Friol

A xornada da fin de semana ten mañá sábado, entre os 12 partidos previstos, os dos dous filiais.

O Fabril, con 3 puntos de marxe sobre a posición de play out, visita ao Coruxo FC no campo de O Vao a partir das 17:00 horas.

O vestiario fabrilista celebra a renovación de Mario Nájera esta semana até xuño de 2027, no marco da aposta do Club por #ANOSACANTEIRA.

Óscar Gilsanz, que recupera a Jairo após cumprir un partido de sanción, non poderá contar con Vilán e Martín Ochoa, lesionados; e Rubén, citado co primeiro equipo. 

Repite na convocatoria o xuvenil Adrián Guerrero (na foto da noticia), que debutou co filial masculino ante o CD Guijuelo.

Pola súa banda, o Dépor ABANCA B, que marcha na 2ª posición da Tercera Federación FutFem, mídese ao PM Friol ás 16:00 na localidade lucense.

Óscar Orro citou a todo o seu cadro aínda que María Calvo, lesionada; e Michi Apóstol, concentrada con Venezuela sub-20 no Campionato suramericano, pérdense o encontro.

Tamén mañá sábado en Abegondo o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, recibe ao Racing de Ferrol (11:30); no Monte o San Tirso SD Cadete ao Salgueiriños FC (12:30); e na Torre o Orzán SD Infantil A Femenino ao Arzúa FCF (18:30) e o Orzán SD Infantil B Femenino ao Antas SD (18:00).

Nas filas orzanistas, Claudia Sande recibiu a súa primeira convocatoria para uns adestramentos coa selección española sub-14 do martes 23 ao xoves 25 en Los Ángeles de San Rafael (Segovia).

Fóra de casa o Orzán SD Cadete Femenino, ao mando do subgrupo 1º da Liga Galega, visita ao PM Friol (11:00); o Cadete, á fronte da División de Honra, ao CD Areosa no campo vigués da Xunqueira (11:30); o Infantil, líder da División de Honra, ao Escola de Fútbol DSF en Salceda de Caselas (16:00); e o San Tirso SD Infantil ao AJ Lérez no campo pontevedrés de Manolo Barreiro.

Finalmente en fútbol 8, o Alevín A e o Sada CF A xóganse o primeiro posto da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 ás 11:30 na Torre e o Fabril FC Benxamín mídese ao UD Carral no Municipal Rodríguez Ans a partir das 12:00.

O domingo o prato forte será o choque do Xuvenil A en Redondela (12:00) ante o CD Choco. Os branquiazuis pelexan polo título co RC Celta e o Real Racing Club. 

Pola tarde, o Orzán SD Xuvenil Femenino enfróntase ao CF Noia (16:00 na Torre) e o Orzán SD B sub-16 Femenino ao UD Carral (12:00 no campo de O Castro).

Tres vitorias no tres partidos o pasado mércores 17 de abril na Cidade Deportiva, dúas deles amigables, abriron o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

Así, o Xuvenil B impúxose pola mínima (1-0) a unha selección galega sub-16 na que formaron os cadetes branquiazuis Rodrigo Leiva, Íker Fernández, Miguel de Labra, Nico Ruiz e Pablo García; ademais de Gael Irimia, Mauro Valeiro e Samba Wade do San Tirso SD Cadete.

Á mesma hora, o San Tirso SD Cadete venceu por 2-0 a unha selección galega sub-14 cos infantís branquiazuis Lucas López, Daniel López, Eder Vilas, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo; ademais de Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil.

As dúas seleccións preparan desta forma a Fase de Plata do Campionato de España por autonomías que se celebra a finais de mes.

O único encontro oficial foi o do Benxamín A, que gañou (6-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF en partido correspondente á 5ª xornada da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 adiantado ao fin de semana. Os deportivistas son líderes do grupo con 15 puntos de 15 posibles.

Finalmente, o partido do Alevín en Caranza pertencente ao Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 xógase o martes 23; e o do Fabril FC Alevín ante o CD Calasanz, correspondente á Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, o xoves 25 en San Pedro de Visma.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
27ª xornada: PM FRIOL - DEPORTIVO ABANCA B, mañá sábado 20 de abril ás 16:00 no Municipal A Reigosa (Friol)
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 72 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 60 puntos; 3. Olímpico de Léon, 50 puntos... 7. PM Friol, 39 puntos...

26ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - CF NOIA, o domingo 21 de abril ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF e Orzán SD Xuvenil Femenino, 56 puntos; 3. Tomiño FC Femenino, 49 puntos... 16. CF Noia, 10 puntos

26ª xornada: UD CARRAL - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 21 de abril ás 12:00 no campo de O Castro (Carral)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 4. UD Carral, 43 puntos... 7. Sporting Meicende, 41 puntos; 8. Brexo Lema SD, 39 puntos; 9. Orzán SD B sub-16 Femenino, 37 puntos; 10. UC Cee, 36 puntos; 11. SD Antas, 35 puntos...

26ª xornada: PM FRIOL - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, mañá sábado 20 de abril ás 11:00 na Reigosa (Friol)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 72 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 63 puntos... 12. PM Friol, 19 puntos...

26ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - ARZÚA FCF, mañá sábado 20 de abril ás 18:30 na Torre (campo 4)
26ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - ANTAS SD, mañá sábado 20 de abril ás 18:00 na Torre (campo 3)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 67 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 65 puntos; 3. Racing de Ferrol, 58 puntos... 7. Antas SD, 39 puntos... 10. Sporting Burgo, 25 puntos; 11. Arzúa FCF (un partido máis), 21 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino, 18 puntos; 13. AD Cristo Rey (un partido máis), 16 puntos; 14. Club Rosalía Mera (un partido máis), 3 puntos...

Segunda Federación
32ª xornada: CORUXO FC - FABRIL, mañá sábado 20 de abril ás 17:00 no campo de O Vao
Clasificación: ... 7. Coruxo FC, 42 puntos; 8. SD Compostela, 41 puntos; 9. Real Avilés Industrial e Real Valladolid Promesas, 38 puntos; 11. Fabril, 37 puntos; 12. Marino de Luanco, 36 puntos; 13. Racing Villalbés e RS Gimnástica de Torrelavega, 34 puntos...

Categoría xuvenil
28ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL A, o domingo 21 de abril ás 12:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 64 puntos; 2. RC Celta e Xuvenil A, 60 puntos; 4. Real Oviedo, 54 puntos... 7. CD Choco, 39 puntos...

Amigable (mércores 17): XUVENIL B 1 (Rodrigo) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 0
30ª xornada: XUVENIL B - RACING DE FERROL, mañá sábado 20 de abril ás 11:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 77 puntos; 2. RC Celta B, 72 puntos... 6. Racing de Ferrol, 49 puntos...

Categoría cadete
28ª xornada: CD AREOSA - CADETE, mañá sábado 20 de abril ás 11:30 na Xunqueira (Comesaña, Vigo)

Amigable (mércores 17): SAN TIRSO SD CADETE 2 (Xoel e Héctor) - SELECCIÓN GALEGA SUB-14 0
28ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - SALGUEIRIÑOS CF, mañá sábado 20 de abril ás 12:30 no Monte

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 79 puntos; 2. RC Celta, 68 puntos... 5. Salgueiriños CF, 40 puntos; 6. ED Val Miñor Nigrán, Ural Español CF e San Tirso SD, 39 puntos; 9. ED Xuventude de Oroso, 38 puntos; 10. CD Lugo, 34 puntos... 13. CD Areosa, 30 puntos...

Categoría infantil
26ª xornada: ESCOLA DE FÚTBOL DSF - INFANTIL, mañá sábado 20 de abril ás 16:00 no campo Penedo Redondo (Salceda de Caselas)
26ª xornada: AJ LÉREZ - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá sábado 20 de abril ás 18:00 no campo Manolo Barreiro 1 (Pontevedra)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 73 puntos; 2. RC Celta, 65 puntos... 7. Escola de Fútbol DSF, 37 puntos... 9. AJ Lérez, 33 puntos; 10. UD Santa Mariña, 31 puntos; 11. CD Conxo Santiago e San Tirso SD Infantil, 28 puntos; 13. CD Lugo, 22 puntos...

Categoría alevín
8ª xornada: GALICIA CARANZA - ALEVÍN, o martes 23 de abril ás 16:45 no Municipal de Caranza
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín e CD Lugo, 19 puntos; 3. Ural Español CF e CD Calasanz, 15 puntos... 11. Galicia Caranza, 4 puntos...

5ª xornada: ALEVÍN A - SADA CF A, mañá sábado 20 de abril ás 11:30 na Torre (campo 2.2)
5ª xornada: CD CALASANZ - FABRIL FC ALEVÍN, o xoves 25 de abril ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Alevín A e Sada CF A, 12 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 6 puntos; 4. San Tirso SD e CD Calasanz, 3 puntos... 

Categoría benxamín
5ª xornada (mércores 17): BENXAMÍN A 6 (Adrián Liñares -2-, Mateo Songo'o, Antón Fernández, Leo Lorenzo e Mateo Cardelle) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
5ª xornada: UD CARRAL - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá sábado 20 de abril ás 12:00 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A (un partido máis), 15 puntos; 2. Victoria CF, 9 puntos; 3. Fabril FC Benxamín e ED Luis Calvo Sanz, 6 puntos; 5. Atlético Coruña Montañeros CF, 3 puntos, 6. UD Carral, 0 puntos