RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Domingo clave para o San Tirso SD Infantil en Portugal mentres que o Alevín A xa está en cuartos de final en León

A festividade do entroido fai que dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñan torneo amigable.

Así, o San Tirso SD Infantil compite na 32ª edición do Torneo Internacional de Futebol Infantil Beto Pimparel organizado pola UD Ponte Frielas no Campo de Jogos do Bonjardim na localidade portuguesa de Frielas.

Hoxe sábado os deportivistas caeron co Sporting CP e impuxéronse ao UD Ponte de Frielas.

Con estes resultados, mañá domingo ás 11:30 (hora local, 12:30 en Galicia) o San Tirso SD Infantil xógase ante o CD Nacional o pase a semifinais.

Por outra banda, o Alevín A xa está nos cuartos de final do IV Memorial Luis Quijada que se celebra, na modalidade de fútbol 7, a fin de semana na área Deportiva Puente Castro en León.

Os branquiazuis mídense ás 12:00 ao CD Parquesol de Valladolid.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría infantil
XXXII Torneo de Futebol Infantil Beto Pimparel en Frielas (Portugal)
Primera Fase
Sábado 1 de marzo
SPORTING CP 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Jorge Alonso, Hugo Macedo, Ruy Caamaño, Nacho Villanueva e Yoel Darriba) - UD PONTE DE FRIELAS 0

Domingo 2 de marzo
11:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD NACIONAL
Os dous primeiros pasan a semifinais que se xogan o luns 3 mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación o martes 4 de marzo para ditaminar as posicións finais

Categoría alevín
IV Memorial Luis Quijada, na área Deportiva Puente Castro en León
Primera Fase
Sábado 1 de marzo
ALEVÍN A 2 (Xiao Fontao -2-) - CYD LEONESA A 1
CI AMISTAD 0 - ALEVÍN A 6 (Hugo Álvarez, Nico Rodríguez-Ponce, Mateo Cortizas, Sergio Fernández, Xiao Fontao e Thiago López)
ALEVÍN A 1 (Mateo Cortizas) - BURGOS CF 0
ATLÉTICO PERINES 0 - ALEVÍN A 6 (Hugo Bujía, Lucas Albor, Mateo Cortizas, Alejandro Astray, Nico Rodríguez-Ponce e Hugo Álvarez)
ALEVÍN A 10 (Alejandro Astray -3-, Lucas Albor -2-, Hugo Quintela -2-, Sergio Fernández -2- e Nico Rodríguez-Ponce) - CD EJIDO 0

Domingo 2 de marzo
Fase de Oro
Cuartos de final
12:00: ALEVÍN A - CD PARQUESOL