Donato incorpórase á Fundación Real Club Deportivo
Donato Gama da Silva, lenda do Dépor, incorpórase á Fundación Real Club Deportivo para levar a cabo, a partir da próxima semana, funcións de representación institucional tanto da Fundación como do Club nas diferentes actividades que desenvolven ambas as entidades.
As labores de Donato centraranse nas accións de ámbito institucional e social que se leven cabo ao longo da temporada.
Donato Gama da Silva (Río de Janeiro, Brasil, 30 de decembro de 1962) militou 10 temporadas no Deportivo (1993-2003), xogando 393 partidos e anotando 54 goles en partidos oficiais (Debut: 05/09/1993 Dépor-Celta · Último partido: 21/06/2003 Dépor-Espanyol). É un do tres únicos xogadores, xunto a Fran e Mauro Silva, que gañou os 6 títulos oficiais do Club: Liga 1999-2000, Copas do Rei 1995 e 2002 e Supercopas de España 1995, 2000 e 2002, o 5º xogador con máis partidos oficiais xogados na historia do Deportivo (393), o 10º goleador da historia do Deportivo en Primeira (38), o xogador con máis partidos co Deportivo en Copa da UEFA (17) igualado con Fran e o autor do gol que abriu a vitoria que valeu a conquista da liga 2000 fronte ao Espanyol. Internacional en 12 ocasións, representou ao Deportivo na Eurocopa 1996 en Inglaterra.
Pero máis aló das súas lendarias estatísticas, Donato é unha persoa á que sempre lle caracterizaron valores deportivos e persoais exemplares, recoñecidos por compañeiros e rivais, valores e recoñecemento no fútbol español e internacional que porá de novo ao servizo do Real Club Deportivo nesta nova etapa.