Os afeccionados deportivistas en Internet votaron a Donato como o xogador do pasado encontro ante o Barcelona. O número total de votos foi de 436 votos e o hispano-brasileiro obtivo unha puntuación media de 8,23 seguido moi de preto por Mauro Silva cun 8,
A enquisa deixa patente a boa actuación dos xogadores, xa que todos superan o aprobado. Destacan ademais con máis dun sete Turu Flores cun 7,67 ; Manuel Pablo con 7,41 ; Diego Tristán cun 7,26 e Naybet con: 7,09