RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Donowa pediu a baixa ao estar descontento no Deportivo

Desde preto da media noite do mércores, Louie Donowa deixou de ser xogador do Deportivo a petición propia.

A cancelación do contrato viña xestándose, por parte do xogador e os seus asesores outrora próximos ao Deportivo, desde hai algunhas semanas ante as poucas oportunidades que tiña o bo xogador inglés de entrar no primeiro equipo branquiazul.... Dado que non contaba moito nos plans de Arsenio Igrexas no que vai de tempada, Donowa cuestionouse a continuidade no persoal branquiazul a pesar de que o seu contrato finalizaba o próximo 30 de xuño.