RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dous partidos de liga mañá venres en #ANOSACANTEIRA, Cadete A en San Tirso e Infantil B en Abegondo

A xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA arranca mañá venres 16 de novembro con 2 partidos.

O Cadete A defende a primeira praza da División de Honra no campo do Monte de San Tirso (17:00 horas). Tralos dous últimos tropezos branquiazuis, 1 punto separa agora mesmo ao conxunto deportivista do seu inmediato perseguidor, o RC Celta.

E o líder do grupo 1º da Primeira Autonómica, o Infantil B, recibe no campo 5 de Abegondo (19:00 horas), con entrada gratuíta para os afeccionados, ao Ural CF B, segundo na táboa. Un total de 5 puntos separan a deportivistas de uralistas. Un triunfo branquiazul suporía un gran paso para achegarse ao campionato de liga.

Un encontro amigable inaugurou hoxe xoves 15 de novembro unha longa fin de semana de partidos con representación deportivista. O Alevín A, que marcha segundo clasificado na Primeira Comarcal A Coruña, enfrontouse á Selección Coruñesa sub-12 no campo de herba sintética de Abegondo.

O triunfo (5-1) foi branquiazul, con tantos de Eli -2-, Cristian, Dani e Jorge.

En Cidade Deportiva sobresaen os partidos, o domingo, do Fabril ante Las Palmas Atlético (11:30 horas) e do Xuvenil A fronte ao Bansander (12:00 horas).

O equipo fabrilista busca ante o cadro canario facer bo o empate agridoce do pasado domingo en Pasarón e achegarse aos postos de fóra do descenso.

Para este partido, os socios teñen acceso libre. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 14 anos.

Para o encontro do Xuvenil A; e o do Cadete B (sábado ás 12:30) e Infantil A (sábado ás 12:00), os socios do Dépor teñen entrada gratuíta. O público paga 3 euros.

Compite lonxe de Abegondo a fin de semana o Deportivo ABANCA B (domingo ás 16:00 na Leyma), no derbi coruñés ante o Victoria CF B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
12ª xornada: FABRIL - LAS PALMAS ATLÉTICO, o domingo 18 de novembro ás 11:30 en Abegondo
Clasificación: ... 14. Valladolid CF B e Unionistas de Salamanca CF, 14 puntos; 16. CDA Navalcarnero, 12 puntos; 17. Burgos CF, 10 puntos; 18. CF Salmantino, 9 puntos; 19. Fabril e Rápido de Bouzas, 8 puntos...

Categoría feminina
11ª xornada: VICTORIA CF B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 18 de novembro ás 16:00 na Leyma (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 30 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 26 puntos...

Categoría xuvenil
12ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 18 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Sporting de Gijón e Real Oviedo, 24 puntos; 5. Real Racing Club, 22 puntos; 6. Ural CF, 19 puntos; 7. Xuvenil A, 18 puntos; 8. Bansander e Deportivo Roces, 14 puntos...

11ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - XUVENIL B, o sábado 17 de novembro ás 16:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. Pabellón Ourense CF e Victoria CF, 23 puntos; 4. CD Calasanz, 22 puntos; 5. Xuvenil B, 19 puntos; 6. CD Areosa e Racing Villalbés, 16 puntos...

Categoría cadete
11ª xornada: SAN TIRSO SD - CADETE A, o venres 16 de novembro ás 17:00 no campo do Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 25 puntos; 2. RC Celta. 24 puntos; 3. Pabellón Ourense CF e Ural CF, 22 puntos...

11ª xornada: CADETE B - CF DUMBRÍA, o sábado 17 de novembro ás 12:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso e CF Dumbría, 25 puntos; 4. Racing Villalbés, 24 puntos; 5. Cadete B, 22 puntos; 6. Galicia de Caranza, 19 puntos...

Categoría infantil
11ª xornada: INFANTIL A - SD RESIDENCIA A, o sábado 17 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 30 puntos; 2. Bertamiráns FC, 27 puntos...

13ª xornada: INFANTIL B - URAL CF B, o venres 16 de novembro ás 19:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 36 puntos; 2. Ural CF B, 31 puntos...

Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A 5 (Eli -2-, Cristian, Dani e Jorge) - SELECCIÓN CORUÑESA SUB-12 1

6ª xornada: OZA JUVENIL SD A - ALEVÍN A, o sábado 17 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Ural CF A, 15 puntos; 2. Alevín A, 13 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 12 puntos; 4. CD Calasanz A, 10 puntos...

4ª xornada: ALEVÍN B - CD CALASANZ C, o sábado 17 de novembro ás 10:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. CD Calasanz C e ED Luis Calvo Sanz C, 9 puntos; 3. Alevín B e Ural CF C, 7 puntos; 5. CF Deportivo Orzán B e Atlético Coruña Montañeros CF C, 6 puntos...

Categoría benjamín
4ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A - BENXAMÍN A, o sábado 17 de novembro ás 11:00 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, CD Calasanz A e Sporting Coruñés A, 9 puntos; 4. Victoria CF A e Atlético Coruña Montañeros CF A, 6 puntos...

4ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ C - BENXAMÍN B, o sábado 17 de novembro ás 12:30 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. ED Luis Calvo Sanz C, 9 puntos; 2. Benxamín B e Ural CF C, 7 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF C, Victoria CF C e CD Calasanz C, 4 puntos...