RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Dunia Dahmouni foi titular con Marrocos sub-20 no partido ante Eslovenia correspondente ao torneo de Turquía

Dunia Dahmouni disputa coa selección de Marrocos sub-20 o torneo Pink Ladies Cup Youth Team que se xoga en Turquía até o próximo 27 de febreiro.

A segunda cita para a canteirá deportivista foi onte domingo ante Eslovenia, choque no que foi titular e que caeu ao lado esloveno (0-3).

No primeiro encontro do torneo, resolto con igualada (1-1) o pasado xoves ante a anfitrioa Turquía, Dunia Dahmouni xogou 25 minutos. 

O terceiro e último partido na Pink Ladies Cup Youth Team para Marrocos sub-20 será este mércores 26 de febreiro ás 11:00 fronte a Romanía.

O calendario do torneo para Marrocos sub-20, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 20 de febreiro
MARROCOS 1 - TURQUÍA 1

Domingo 23 de febreiro
MARROCOS 0 - ESLOVENIA 3

Mércores 26 de febreiro
11:00 (hora local, 9:00 hora galega): MARROCOS - ROMANÍA

Dunia Dahmouni, que xoga en punta, participou esta temporada en 12 partidos, 2 deles titular, co Deportivo ABANCA B en Tercera Federación, nos que anotou 3 goles.