RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ecoalf e Dépor manteñen o seu compromiso co medioambiente e a moda sustentable cunha nova colección exclusiva para os Deportivistas

A marca española de moda, pioneira en sustentabilidade e innovación, creou unha nova liña de rúa exclusiva para os xogadores do Real Club Deportivo e os afeccionados branquiazuis.

Ecoalf volve deseñar unha colección de pezas de rúa en exclusiva para o Real Club Deportivo que xogadores e staff vestirán durante os seus desprazamentos desta temporada. Esta alianza, que cumpre un ano, consolida o compromiso a longo prazo coa sustentabilidade de ambas as entidades, que continúan a súa loita contra o lixo mariño e a favor da reciclaxe de materiais, e que converteu ao Club no primeiro equipo de fútbol do mundo vestido de maneira sustentable, con tecido xerado do lixo procedente do fondo do mar.

A nova liña “Dépor by Ecoalf” componse dun abrigo deseñado en exclusiva para o Deportivo, como marca a súa etiqueta e composto 100% de nylon reciclado; ademais de sudadera, polo e camiseta “Because There Is Not Planet B” (algodón orgánico) pantalóns denim de algodón orgánico; e dous sneakers, o modelo Boracay, 100% elaborado con PET extraído do fondo do mar, e o modelo California.

Ademais, a afección do Dépor está de parabén, xa que o abrigo “Cervino”, deseñado coas cores do Club, estará á venda en exclusiva en 14 oz. (Rúa Juan Flórez, 18), na tenda online da firma coruñesa -14oz.es- e nas DéporTiendas.

Para celebrar o lanzamento, Ecoalf presenta un editorial cos xogadores do club vestindo a nova colección, unha colección que xa estrearon na viaxe desta fin de semana para o partido ante o Rayo Majadahonda.

Á súa chegada a Madrid, os xogadores do Dépor foron recibidos no hotel de concentración por Javier Goyeneche, CEO de Ecoalf, que departiu co equipo xunto ao conselleiro Martín Pita.