O Infantil arrincou a División de Honra cun efectivo (1-5) partido ante o CD Lugo.
Raúl -2-, Sergio Cortizo -2- e Picallo foron os goleadores branquiazuis, que encarrilaron o encontro con 2 goles nos primeiros 16 minutos.
Infantil: Lucas López, Iago Varela, Guille, Nico, Nikolay, Daniel, Sergio Cortizo, José Quiroga, Picallo, Raúl e Miguel. Tamén xogaron: Esteban, Lucas Vázquez, Pablo Vara e Antón.
A próxima fin de semana, o equipo que dirixe Borja Souto recibe en Abegondo ao EF Portero 2000.