RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Elena Vázquez foi titular no claro triunfo de España sub-17 ante Bosnia Herzegovina

- Foto: @rfef -

Elena Vázquez Brandón, xogadora do Deportivo ABANCA B que está en dinámica do primeiro equipo, foi titular na clara vitoria (8-1) da selección española sub-17 ante Bosnia Herzegovina no primeiro partido da Rolda 1 de Clasificación do Campionato de Europa.

A defensa carballesa disputou os primeiros 45 minutos, que acabaron con 4-0 no marcador e co partido sentenciado.

Esta Rolda 1 de clasificación dispútase en Portugal até o martes 31 de outubro, con Bosnia Herzegovina, República Checa e Portugal como rivais das españolas.

A próxima cita para Elena Vázquez será este sábado 28 de outubro ás 16:00 (hora en Galicia) fronte á anfitrioa Portugal.

O calendario de España sub-17, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 25 de outubro
ESPAÑA 8 - BOSNIA HERZEGOVINA 1

Sábado 28 de outubro
15:00 (hora local, 16:00 en Galicia): ESPAÑA - REPÚBLICA CHECA, no Estadio Joao Soares Vieira (Braga)

Martes 31 de outubro
11:00 (horal local, 12:00 en Galicia): PORTUGAL - ESPAÑA, na pista de atletismo Gemeos Castro (Guimaraes)

Elena xa participara esta temporada nas dúas concentracións previas deste combinado nacional, unha delas acompañada pola tamén deportivista Lucía Rivas.

Con 16 anos recentemente cumpridos, xa foi titular esta temporada dous partidos coas Nosas en Primera Federación Iberdrola e alcanzou o subcampeonato continental coa selección española sub-17 o pasado mes de maio en Estonia. 

A defensa coruñesa renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA neste último verán.