RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Elena Vázquez participa na goleada de España sub-17 a Turquía

Elena Vázquez participou na goleada da selección española sub-17 (9-0) a Turquía na primeira xornada da Rolda 2 de clasificación para o Europeo sub-17 que se xoga nos Países Baixos.

A defensa do Deportivo ABANCA B, que acaba de saír dunha lesión muscular, arrincou o encontro ante as turcas no banco e saltou ao campo no minuto 67 en substitución de Alba Cerrato.

O segundo partido para o combinado español neste torneo será o domingo 17 ás 19:00 fronte a Ucraína na localidade de Noordwijk.

O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 14 de marzo
ESPAÑA 9 - TURQUÍA 0

Domingo 17 de marzo
19:00: ESPAÑA - UCRAÍNA, no Gemeentelijk Sportpark S.J.C, en Noordwijk

Mércores 20 de marzo
19:00: PAÍSES BAIXOS - ESPAÑA, no Gemeentelijk Sportpark S.J.C, en Noordwijk

Por este motivo, Elena Vázquez que regresará á Coruña ao longo do xoves 21 de marzo, será baixa no partido deste domingo 17 de marzo do Deportivo ABANCA B en Mareo ante o Sporting de Gijón B.