RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Elena Vázquez xa está concentrada coa selección española sub-17

Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007), xogadora do Deportivo ABANCA B que está en dinámica do primeiro equipo, foi citada de novo por Kenio Gonzalo, seleccionador español sub-17, para unhas xornadas de adestramento.

A selección española femenina sub-17 xa está concentrada na Cidade do Fútbol de Las Rozas desde hoxe luns co obxecto de realizar varias sesións de traballo. Dita concentración estenderase até o mércores 18 de outubro, despois da comida.

Do luns 2 ao mércores 4 de outubro, Elena adestrouse tamén nas Rozas con este mesmo combinado nacional, naquela ocasión xunto á tamén canteirá deportivista Lucía Rivas.

Elena Vázquez, que acaba de cumprir 16 anos e foi titular onte co Dépor ABANCA no seu partido de liga ante o RCD Espanyol, alcanzou o subcampeonato continental con este mesmo combinado o pasado mes de maio en Estonia. A defensa coruñesa renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA neste derradeiro verán.