RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ORZÁN SD

Empate entre UD Santiso FC e Orzán SD B sub-16 Femenino cun tempo para cada equipo

UD Santiso FC e Orzán SD B sub-16 Femenino repartíronse os puntos (1-1), cun tempo para cada equipo no partido correspondente á 3ª xornada no subgrupo 1º de Segunda Autonómica.

A primeira metade foi para as orzanistas, que se adiantaron no marcador no minuto 22 cun gol de Teresa Figueiras e mesmo puideron anotar algún gol máis.

Após o descanso foi mellor o equipo local do UD Santiso FC, que logrou igualar o resultado aproveitando quizais os contratempos físicos a consecuencia das altas temperaturas no Orzán SD B sub-16 Femenino.

Con este resultado, o conxunto de Joel Rodríguez suma 2 puntos, situado na 14ª posición da táboa.

Orzán SD B sub-16 Femenino: Paula Bermúdez, Mar Vázquez, Sofía de la Viuda, Tania Taboada, Teresa Figueiras, Noela García, Carmen Espadas, Alba Monteserrín, Lucía González, Yasmin Dahmouni e Noa Cardeñoso. Tamén xogou: Sara Montes.

A próxima fin de semana, o Orzán SD B sub-16 Femenino recibe na Torre ao Sporting Meicende.

Os resultados até a data do Orzán SD sub-16 Femenino son os seguintes:

SCD Pastoriza 2 - Orzán SD B sub-16 Femenino 1 (Daniela Macedo)
Orzán SD B sub-16 Femenino 1 (Yanis Citoula) - Atlético San Pedro 1
UD Santiso FC 1 - Orzán SD B sub-16 Femenino 1 (Teresa Figueiras)