En marcha a peña deportivista Callos Fans xusto enfronte da tribuna de ABANCA-RIAZOR
Xa está en marcha unha nova agrupación branquiazul, a peña deportivista Callos Fans, apadriñada polos futbolistas Mella, Barbero, Cris Martínez e Ines Pereira; acompañados polo conselleiro do RC Deportivo Vicente Fernández.
Presidida por Xacobe Bestilleiro, está situada no Bar Lume situado na rúa Manuel Murguía nº 26, xusto enfronte da tribuna de ABANCA-RIAZOR.
Esta nova peña únese ás inauguradas esta temporada: Peña Ave César en Corcubión; e Pou Monte Alto, Nabizas, Mar de Fora, Rubio, Karallada e Irmandade Branquiazul, todas elas na Coruña.