RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

En xuño as altas de socios non terán que abonar a cota de 30 euros de inscrición

O Consello de Administración do Real Club Deportivo decidiu que, de maneira excepcional, os afeccionados que se dean de alta de socio durante o mes de xuño non tendrán  que pagar os 30 euros como cota de inscripción.

O Real Club Deportivo fixo públicos o pasado martes os prezos dos carnés anuais de socio para a tempada 2011-12, que estarán nos próximos días a disposición dos afeccionados na Oficina de Atención ao Socio e Accionista. Como se pode observar nas seguintes táboas, os socios que retiren o seu carné antes do 30 de xuño ou ese mesmo día terán un desconto de aproximadamente un 20% sobre o prezo dos abonos da pasada tempada. Este desconto partir do 1 de xullo será aproximadamente dun 15%.

Como é habitual desde fai máis dunha década, o Consello de Administración non contempla a posibilidade de días de axuda ao club. Por conseguinte, o abono inclúe todos os partidos de Liga (21) en Riazor, máis o Trofeo Teresa Herrera, amigables e os partidos da Copa do Rei.

Máis información nas Oficinas de Atención ao Socio e Accionista da zona dos Palcos VIP de Riazor - Avd. da Habana (na bancada de Preferencia), á que se accede entre as portas 15 e 16 do Estadio, no Tlf.981 22 94 10 ou no email taquilla@canaldeportivo.com.
O horario da Oficina de Atención ao Socio é de Luns a Venres de 10:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas.

Consulta aquí os detalles dos abonos da tempada 2011-12