Ensaio forte da semana cunha tarefa de transicións e un partido once contra once
O Dépor completou esta mañá uno dos ensaios fortes da semana de cara ao partido deste domingo 15 de outubro ás 18:00 no Toralín (FEF TV) ante a SD Ponferradina.
Así, despois dunha activación, Imanol Idiakez dispuxo dun exercicio de transicións ofensivas, conscientes de que ante o equipo berciano, un dos favoritos para o ascenso, hai que ser o máis preciso posible en ataque, e máis no seu propio campo.
A continuación, o técnico branquiazul ordenou un xogo de posición e comezou a trazar o plan de Ponferrada cun partido once contra once a tres cuartas partes do campo 2, con continuos cambios de posicións.
Yeremay, Ximo Navarro, Balenziaga, Pablo Muñoz e Barbero están con adestramento personalizado.
Pola súa banda, Mella, Martín Ochoa, Iano Simão, Rubén, Jairo e Álex Pereira foron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.
Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo ás 8:45 para os futbolistas.